bagatela
bagatela
(< it bagattella ‘moeda depouco valor’)
-
s
f
Cousa de pouca importancia, pouco valor ou pouca utilidade.
Ex: Déixate de bagatelas e cóntame o que querías dicirme.
Confrontacións: insignificancia, miudeza. -
s
f
[MÚS]
Pequena composición, xeralmente para piano, sen rigor de forma. As bagatelas máis coñecidas son as de Beethoven. Unha forma de bagatela son as Noveletten, inaugurada polos románticos (Schumann), e conservada polos modernos (Bartók, Poulenc).
-
s
f
[XOGO]
Divertimento de salón que se executa sobre unha táboa como a do billar, cun dos costados en forma semicircular, na que hai oito furados numerados e un no centro. Cada un dos xogadores participantes dispón dun taco curto e de catro bólas (brancas ou vermellas), que debe introducir nos furados.