Bagdad, ferrocarril de

Bagdad, ferrocarril de

Ferrocarril proxectado ao comezo do s XX e destinado a unir Istambul, Bagdad e o Golfo Pérsico. Comezou a obra unha empresa alemana, que dende 1902 instalou 2.400 km de vías. Debido a que a súa construción foi considerada por Gran Bretaña e Rusia como unha empresa colonialista alemana, interrompéronse os traballos en 1918; sen embargo, foron retomados en 1933 e rematados en 1940.

Palabras veciñas

Bagdache Khālid | Bagdad | Bagdad | Bagdad, ferrocarril de | Bagdad, Pacto de | bagdadí | Bagehot, Walter