Bagehot, Walter

Bagehot, Walter

Economista, banqueiro, avogado, politólogo e crítico literario. Foi discípulo de David Ricardo e director de The Economist dende 1860 ata a súa morte. Adquiriu gran prestixio entre a burguesía británica. Unha reelaboración dos seus artigos deu lugar a Lombard street: a description of the money market (1873), descrición clásica do mercado monetario londinense. Sostén unha explicación dos ciclos económicos por un ciclo psicolóxico de optimismo e pesimismo. A súa obra The english Constitution (A Constitución inglesa, 1867) foi un clásico da ciencia política. Entre as súas obras de crítica literaria cómpre mencionar Literary studies (Estudios literarios, 1879).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Langport

  • Deceso