bágoa

bágoa

(< prerrománico *bakula)

  1. s f

    Gota de líquido incoloro que segregan as glándulas lacrimais e que, mediante o movemento das pálpebras, lubrifica e limpa a superficie do ollo. A secreción de bágoas aumenta nos procesos locais de irritación ou por un mecanismo central psíquico, sobre o que inflúe, sobre todo, o ton afectivo. Cando a secreción é demasiado abundante e, xa que logo, o líquido non escorrega totalmente cara ás fosas nasais, entón vai caendo pola cara a abaixo.

    Ex: Cando cheguei tiña a cara chea de bágoas, debeu estar chorando.

    Sinónimos: lágrima, bagoada, bagulla.
  2. s f [BOT/AGR]

    Gota de humor ou zume que algunhas plantas segregan naturalmente ou ben por poda ou incisión.

  3. bágoas de san Pedro [PLANTA]

    briza.

Refráns

  • A auga que cae dos ollos desafoga o corazón.
  • Bágoas amolecen penas.
  • Con bágoas todo se acaba.
  • Nada se enxuga tan axiña coma as bágoas.
  • O que non vai en bágoas vai en suspiros.

Palabras veciñas

bago | Bago | Bago | bágoa | bagoada | bagoado -da | bagoar