bago

bago

(

  1. s m

    Uva tomada individualmente. OBS: Non pode usarse en singular con valor colectivo.

    Ex: Quedaron moitos bagos debaixo da viña

  2. s m pl

    Uvas soltas que xa non están no acio.

    Ex: Intenta aproveitar os bagos que che caian poñendo a cesta debaixo do acio.

  3. s m pl

    Restos de froitos como a uva que quedan despois de estrullalos e de quitarlle o líquido.

    Ex: Este ano temos moitos máis bagos ca o ano pasado.

    Sinónimos: bullo, bagaña, bagaño, bagazo, bagullo.

Palabras veciñas

Baglivi, Giorgio | Bagnold, Enid | Bagnold, Ralph Alger | bago | Bago | Bago | bágoa