bagullo
bagullo
(< bago)
-
s
m
[BOT]
Froito seco e alongado propio das plantas da familia das fabáceas, constituído por dúas valvas, sen tabique intermedio, que ao madurecer se abren deixando saír as sementes. Presentan froitos en bagullo as ervellas, os feixóns, as lentellas ou as acacias.
Sinónimos: vaíña. Confrontacións: casula, casulo. -
s
m
Residuo de determinados froitos como a uva ou oliva despois de pisalos e quitarlles o líquido.
Ex: Non houbo moito que vendimar e o pouco que ferve parece que é todo bagullo.
Sinónimos: bullo, bagaño, bagazo. -
s
m
Inzo da uva.
Ex: Non me gustan moito estas uvas porque teñen moitos bagullos.