bahmanita

bahmanita

(< antropónimo ‘Alā’al-Dīn Hasan Bahman Šāh)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos bahmanitas.

  2. s

    Membro da dinastía musulmana fundada por ‘Alā’ al-Dīn Hasan Bahman Šāh.

  3. s [HIST]

    Dinastía musulmá fundada por ‘Alā’ al-Dīn Hasan Bahman Šāh que gobernou o sultanato do Decán entre o 1347 e o 1526. Durante os primeiros tempos do goberno dos bahmanitas, de política favorable á poboación musulmana, o sultanato foi ampliado coa anexión dos territorios hindús de Telińgānā e Vijayanagar. Co décimo representante da dinastía iniciouse a decadencia. Durante o reinado de Mahmūd II (1463-1482) o territorio quedou reducido á rexión de Bīdar, ata que un golpe de estado (1526) substituíu a dinastía.

Palabras veciñas

Bahía Blanca | Bahl | Bahlūl Lōdī | bahmanita | bahnar | Bahoruco | Bahoruco, serra de