Baiões-Santa Luzia
Baiões-Santa Luzia
O castro de Baiões (São Pedro do Sul, Portugal) ofrece un único nivel cultural de finais do Bronce Atlántico (ó redor do 700 a C) que, xunto co castro de Santa Luzia (Viseu), proba que o castrexo xurdiu do desenvolvemento autóctono do Bronce final III.