Baión

Baión
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe toponímica. Este topónimo, de procedencia escura, podería ser un derivado do latín buda ‘espadana, xunco’.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe oriúnda do lugar homónimo, sito no concello de Vilanova de Arousa. Unha rama desta caste galega pasou a Colombia. Este apelido adoita aparecer grafado con -y- no canto de -i-: Bayón.

Palabras veciñas

Baiões-Santa Luzia | baión | Baión | Baión | Baión, San Xoán de | Baiona | Baiona