baioneta

baioneta

(< fr baïonnette

  1. s f [HIST/BÉL]

    Arma branca especialmente concibida para ser axustada no extremo do canón dun fusil ou doutra arma de fogo, para poder empregala na loita corpo a corpo. Recibe o seu nome da Baiona vasca, centro de fabricación desta arma a partir de 1640. Vauban xeneralizouna en 1691. No s XIX tomou formas moi variadas, segundo o fusil onde debía ir montada. Actualmente o seu emprego vai minguando nos exércitos.

    Ex: No cadro todos os soldados teñen baioneta no fusil.

  2. axustamento de baioneta [TECNOL]

    Dispositivo de encaixamento rápido de dúas pezas no que unha dispón de pivotes e a outra de lendas, de maneira que o calado e o xiro dunha na outra, xeralmente contra a acción dun resorte, provoca a inmobilización relativa. Emprégase cando a unión das dúas pezas debe desfacerse con certa frecuencia, como en mangueiras para líquidos e en certas lámpadas eléctricas.