Baiona, Sentencia arbitral de

Baiona, Sentencia arbitral de
[HIST]

Decisión formulada por Luís XI de Francia (23.4.1463), que actuaba de xuíz, coa finalidade de poñer fin ao antagonismo existente entre Xoán II de Aragón e Enrique IV de Castela, a quen a Generalitat de Catalunya, sublevada contra o primeiro, proclamara soberano de Catalunya. En virtude desa sentenza Enrique IV renunciou ao principado de Catalunya. Aínda que a sentenza foi admitida en Castela e en Aragón, non conseguiu poñer fin á Guerra Civil aragonesa (1462-1472).

Palabras veciñas

Baiona, Preceptoría de | Baiona, ría de | Baiona, Santa María de | Baiona, Sentencia arbitral de | Baiona, Tratado de | baionés -sa | baioneta