Baird, John Logie
Baird, John Logie
Físico. Foi un dos pioneiros da televisión que en 1922 comezou a investigar a posibilidade de transmitir imaxes a distancia e en 1926 obtivo un sistema práctico do que fixo a primeira demostración en Londres. En 1928 logrou transmitir imaxes de Londres a Nova York. Tamén inventou un procedemento para obter imaxes en color e tridimensionais (1944), un aparello de infravermellos, capaz de recoller imaxes na escuridade, e un sistema de reprodución estereofónica.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Helensburgh, Escocia -
Deceso
Lugar : Bexhill, Sussex