Baixa California
Baixa California
Península de México, na costa occidental, comprendida entre o océano Pacífico e o golfo de California. Ten unha forma alongada (1.100 km) e estreita (uns 100 km de largura media). O golfo de California foi explorado primeiramente por Francisco de Ulloa (1539-1540). A península está dividida administrativamente entre a Baixa California Norte e a Baixa California Sur.