Baj, Enrico
Baj, Enrico
Pintor. Estudou Medicina e Dereito antes de entrar na academia de Brera. Fundou con Dangelo a Arte Nuclear (1951) e proclamou (1954) o movemento internacional por unha Bauhaus imaxinista. En 1957 participou no Manifesto contra o estilo, oposto a toda repetición na arte. A súa obra expresa unha ironía imaxinista por medio de collages e cores vivas. Revela as influencias do Surrealismo, da arte bruta e do pop-art.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Milán -
Falecemento
Lugar : Vergiate