bala
(< it palla ‘pelota’)
-
[BÉL]
-
s
f
Proxectil macizo das armas de fogo portátiles; os outros proxectís das mesmas armas inclúense na categoría das chamadas bombas ou granadas. Nos primeiros tempos das armas de fogo portátiles (ss XV e XVI), a bala era esférica e de chumbo macizo. Despois foise perfeccionando para conseguir que se axustase ao calibre do canón: bala prolongada (1662), bala envolta en tea (1750), etc. A introdución das armas de ánima estriada, que se cargan pola culata, deu lugar ao tipo moderno de bala, con envoltura de latón ou aceiro extrasuave e de forma cilindricooxival encaixada a unha vaíña e que se axusta por si mesma ao pasar da recámara ao canón.
-
s
f
Bomba ou granada.
-
bala dum-dum
Bala explosiva de fusil, de chumbo recuberto de aceiro e con dúas estrías entrecruzadas na punta que, no momento do impacto, proxecta o chumbo no interior do corpo no que penetra producindo feridas con esgazadura. A Segunda Conferencia Internacional da Haia (1899) prohibiu o seu uso.
-
bala morta
Aquela que chega ao obxectivo sen forza para ferir.
-
bala perdida
Bala que, fóra da zona de combate, chega a un punto nos límites do alcance máximo.
-
bala perforadora
A que na punta, baixo a cuberta, leva un núcleo de aceiro duro, e que pode atravesar unha capa, un escudo ou unha blindaxe lixeira de aceiro.
-
bala pesada
Na antiga artillería naval, bala de canón esférica que se enchía de chumbo a fin de que, co peso, aumentase o seu poder perforador.
-
bala vermella
Bala de canón que se quentaba ao lume e, candente, empregábase para producir incendios nos barcos e nos poboados.
-
bala trazadora
Aquela que leva no interior unha substancia luminosa ou fumífera que se incendia no momento do disparo e vai deixando un rastro luminoso ou de fume que indica a traxectoria. Utilízase para a corrección do disparo, intercalada na munición normal das armas automáticas.
-
balas de palanqueta
Proxectil de artillería naval formado por dúas balas de canón, esféricas e unidas por unha barra de ferro. Foron utilizadas ata a Batalla de Trafalgar.
-
balas encadeadas
Proxectil de artillería naval formado por dúas balas, de arma portátil ou de canón, esféricas e unidas por unha cadea. Foron utilizadas simultaneamente coas balas de palanqueta.
-
s
f
-
s
f
[ETN]
Conxunto de monllos de diversos cereais amoreados e dispostos na leira para logo ser levados ás eiras onde pasarán a formar parte da meda.
Ex: A bala está lista para comezar o traballo da meda.
Sinónimos: medeiro. -
s
f
[GRÁF]
Almofada de forma semiesférica provista dun mango que empregaban os impresores ata finais do s XVIII para entintar a forma e que foi substituída polo rolo de xelatina.
-
s
f
[IND]
Paquete compacto dunha mercadoría apertada ou prensada e encordada ou atada con arames ou aros (ás veces cuberto con esteira ou saco). Normalmente ten forma prismático-rectangular. Só pode estar feita de mercadorías que poidan ser prensadas sen estragarse como palla, coiro, papel, cortiza, materiais téxtiles en rama ou fiados, etc.
Sinónimos: fardo. -
s
f
[MAR]
-
Chumbo do extremo do escandallo.
-
Sonda que serve para medir a profundidade da auga.
Sinónimos: escandallo.
-
Frases feitas
-
. Coma unha bala. Moi rápido ou ás présas
-
.
-
Bala perdida. Persoa aloucada, sen xuízo