Balboa Vázquez, Xoán Manuel

Balboa Vázquez, Xoán Manuel

Deseñador gráfico de formación autodidacta e restaurador no Museo Provincial de Lugo. Como deseñador, confeccionou diversos murais e carteis. Non obstante, a súa obra máis coñecida son as ilustracións realizadas para libros, entre os que cómpre destacar Muxicas no espello (1971), Das cousas de Ramón Lamote (1985), Lembranza nova de vellos mesteres (1988), Servando I rei do mundo enteiro (1990), de Paco Martín; Lar (1973), de Neira Vilas; Artusa (1989), de Lois Diéguez; Chirlo Merlo na figueira (1990) e Cinco poemas, de Darío Xohán Cabana; Tabernarios (1992), de Antón Grande e Polavila na Pontenova, de María Ofelia Carnero Vázquez. Tamén traballou a pintura e o esmalte sobre metal, e realizou diversas exposicións en Lugo, Oviedo, León e A Coruña. En 1974, xunto con Paco Martín e Ulises López Sarry, promoveu a publicación do semanario infantil Axóuxere, publicado xunto co xornal La Región de Ourense. Foi cofundador do grupo cinematográfico do Círculo das Artes de Lugo e recibiu varios premios en distintos certames de cine afeccionado. Publicou un estudo do trazado dos Camiños de Santiago do Norte, do Camiño Primitivo e do Sur na provincia de Lugo.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Lugo

  • Falecemento