Wagner, Otto
Wagner, Otto
(Penzig, Viena 13.7.1841 - Viena 11.4.1918) Arquitecto. Iniciou a súa obra dentro da tradición do renacemento toscano. Fixo a reestruturación urbanística de Viena (1890). Afirmou a necesidade dunha renovación da cultura arquitectónica. A súa doutrina concretouse en Moderne Architektur (1895). Formou parte da Wiener Sezession e centrouse no uso de novos materiais, ata obter a expresividade a través dos mesmos principios construtivos (Postsparkassenamt de Viena, 1904-1906).