Wellesley, Arthur Colley
Militar e político, duque de Wellington. Gobernador británico en India (1793-1805), reduciu as últimas mostras de resistencia á dominación británica. Foi deputado (1806) e secretario do vicerrei de Irlanda (1807-1808). Pasou a Portugal coas tropas expedicionarias británicas enviadas en axuda dos portugueses alzados contra as tropas francesas de Junot, que tivo que capitular en Sintra (1808). Como comandante en xefe das tropas aliadas na Península Ibérica, en 1813 iniciou a ofensiva final, coas vitorias de Vitoria, San Marcial e Toulouse. Foi xefe do exército aliado durante o Imperio dos Cen Días (1815) e do exército de ocupación de Francia (1815-1818). De ideas conservadoras, foi ministro de Asuntos Exteriores (1834-1835 e 1841-1846) e comandante en xefe do exército británico (1827-1828 e 1842-1852).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Dublín -
Deceso
Lugar : Walmer Castle, Kent