Westfalia

Westfalia

Rexión histórica de Alemaña, que ten como centro a cidade de Münster. Foi poboada polos westfalen, de orixe saxoa. No s X formou parte do ducado de Saxonia. No s XII o nome de Westfalia indicaba o territorio comprendido entre os ríos Rin e Weser. Coa división do condado de Saxonia (1180?), creouse o ducado de Westfalia baixo a xurisdición dos arcebispos de Colonia. En 1805 a súa parte setentrional pasou a formar parte de Hannover e Oldenburg, e o resto foi incorporado a Prusia. En 1807 formouse o Reino de Westfalia. Unida á Renania setentrional, constitúe o land de Renania do Norte-Westfalia.