Wittelsbach

Wittelsbach

Liñaxe real alemá que deu dinastías aos reinos de Baviera, Dinamarca, Hungría, Suecia, Noruega, Bohemia e Grecia, e emperadores do Sacro Imperio. Ten por xenearca ao margrave Leopoldo (?-907), curmán e xeneral do Emperador Arnulfo I.