Wuhan
Wuhan
Cidade do sheng de Hubei, China, na rexión do Centro-sur (3.284.229 h [1990]). Situada na confluencia do Han e o Iang-Tsé, nunha rica rexión agrícola, é unha conurbación urbana. Conta co principal porto fluvial sobre o Iang-Tsé de China e é un centro industrial diversificado.