Wundt, Wilhelm
Wundt, Wilhelm
Fisiólogo, filósofo e psicólogo alemán. Fundador da psicoloxía experimental, o seu pensamento é unha reacción contra o positivismo e o naturalismo dominantes, e un intento de desenvolver unha filosofía científica baseada nos datos das ciencias particulares (sendo a psicoloxía científica a ponte entre as ciencias naturais e as ciencias do espírito ou ciencias culturais). A maior parte do seu traballo de investigación tivo como obxecto a experiencia e a sensación, os límites da sensibilidade e o tempo de reacción desta, servíndose da introspección como método básico.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Neckarau, Baden -
Deceso
Lugar : Grossboten, Leipzig