Württemberg

Württemberg

Dinastía que rexeu o territorio homónimo. O seu xenearca foi Conrado de Bentelsbach , que edificou o castelo de Wirtinisberg ou Württemberg (1083?), preto de Stuttgart, converteuse no conde Conrado I de Württemberg. Os seus descendentes ampliaron o territorio que en 1480 se dividiu nas liñas de Württemberg e Montbéliard, unidas de novo en 1593. En 1797 coa morte do duque Federico Uxío I de Württemberg formáronse cinco liñas.A quinta liña recibiu ao morrer o Rei Guillerme II os dereitos reais.