Würzburg
Würzburg
Cidade da Baixa Franconia, Alemaña, en Baviera, situada á beira dereita do Main (127. 350 h [2000]). É un centro vitivinícola. Estableceuse na localización dunha antiga fortaleza romana. Ata 1801 foi capital do principado de Würzburg, pasou a Baviera e en 1805 foi elevada á categoría de electorado de Würzburg. En 1806 adheriuse á Confederación do Rin pero en 1815 polo Congreso de Viena foi devolta a Baviera.