Würzburg, escola de
Würzburg, escola de
Escola psicolóxica con sede na Universidade de Würzburg que a finais do s XIX e na primeira década do s XX representou unha liña de pensamento de grande influencia nos campos psicolóxico e filosófico. Foi fundada por O. Külpe, e tivo representantes como A. Mayer, J. Orth, K. Marbe, N. Ach e K. Bühler. Centrada no estudo dos procesos do pensamento, estes veñen dados por actividades mentais complexas e non por simples sensacións e imaxes (psicoloxía mecanicista e asociacionista).