Khruščov, Nikita Sergejevič
(Kalynivka 17.4.1894 - Moscova 11.9.1971) Político soviético de orixe ucraína. Mineiro e guerrilleiro durante a Revolución de Outubro e a Guerra Civil, na década de 1920 traballou na organización do partido comunista en Ucraína e en 1931 trasladouse a Moscova, onde entrou a formar parte do Politburó. Durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945) organizou a loita de guerrillas e, tralo conflito, fíxose cargo da planificación agrícola da URSS. Trala morte de Stalin foi elixido primeiro secretario do Comité Central do PCUS (1953-1964) e xefe de goberno da URSS (1958-1964). En política exterior avogou polo achegamento a Occidente e pola coexistencia pacífica con EE UU, que se demostrou especialmente na resolución da crise dos mísiles de Cuba (1962). En política interior puxo en práctica unha política de reformas que levaba á desestalinización do sistema e na que destacou a lectura dun informe secreto, especialmente crítico co réxime de Stalin, durante o XX Congreso do PCUS (1956). Criticado polos seus métodos autoritarios, polo seu fracaso en política agraria e polos seus erros políticos en xeral, foi destituído do goberno en 1964 e expulsado do Comité Central do PCUS dous anos despois.