Khublai Khan

Khublai Khan

(1215 - 1294) Gran khan mongol (1259-1294). Fundador da dinastía mongola yuan en China. Neto de Xenguis Khan e irmán e sucesor de Möngke, acabou a conquista do Imperio Song (1276). Conseguiu a submisión de Corea, do reino khmer de Camboxa e do reino malaio de Champa. Trasladou (1276) a capital a Cambaluc (Pequín), onde acolleu a Marco Polo. Hábil administrador, industrializou China e protexeu a cultura chinesa.