kimberlita

kimberlita
s f [XEOL]

Rocha magmática ultrabástica que remacha en forma de brechas as chemineas volcánicas subverticais ata un diámetro máximo de 2 km volvéndose máis fina canto maior é a profundidade. É unha variedade da peridotita, composta de olivina, brozita, biotita, ilmenita, perowskita e piropo. Os diamantes atópanse nas kimberlitas ou ben en sedimentos derivados destas. As chemineas de kimberlita están en República Sudafricana e en Siberia oriental, e hai algunhas en EE UU.

Palabras veciñas

Kim Jong Il | Kim Young Sam | Kimberley | kimberlita | Kimch’aek | Kimitake, Hiraoka | Kimito