Kimitake, Hiraoka
Kimitake, Hiraoka
(Toquio 1925 - 1970) Novelista e dramaturgo. Coñecido como Yukio Mishima, durante a Segunda Guerra Mundial publicou unha recompilación de narracións breves, Hanazakari no mori (O bosque en flor, 1944). Trala guerra consolidouse como escritor de grande éxito con Kamen no kokuhaku (Confesión dunha máscara, 1949), á que seguiron outras novelas, nunha evolución do esteticismo ao equilibrio clásico. Inclinado ideoloxicamente cara á dereita, tamén publicou Yukoku (O país mellor, 1960), Eirei no koe (A voz dos heroes caídos, 1966), Taiyo no tetsu (O sol e o ferro, 1965-1968) e os catro volumes de Hojo no umi (O mar fértil, 1965-1970).