King, Martin Luther
(Atlanta, Georgia 15.11.1929 - Memphis, Tennessee 4.4. 1968) Pastor protestante. Modificou o seu primeiro nome de nacemento, Michael, polo de Martin. Realizou estudios de teoloxía no Crozer Theological Seminary de Pennsylvania e na Boston University. Converteuse no líder do movemento en favor dos dereitos civís da poboación negra en EE UU, e en 1957 presidiu a Southern Christian Leadership Conference. Interesado nos métodos pacifistas defendidos por M.K. Gandhi, viaxou á India en 1959, onde se reuniu cos seguidores do mesmo. Á súa volta organizou varias campañas que culminaron coa Marcha da Liberdade sobre Washington (1963). O seu asasinato en Memphis foi seguido dunha gran protesta violenta en todo o país. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1964.