kiowa
kiowa
-
adx
Relativo ou pertencente aos kiowa ou á súa lingua.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo kiowa.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo indíxena de América do Norte, que habitaba no estado de Montana, a carón do río Yellowstone. A partir do s XVII iniciaron un movemento cara ao S, e a mediados do s XIX establecéronse no territorio situado entre as Montañas Rochosas e os estados de Oklahoma, Kansas, Colorado, Novo México e Texas. Dedicábanse á caza de bisontes e enfrontáronse aos colonos no seu avance. A súa poboación limítase ás reservas dos estados de Oklahoma e Colorado, en EE UU.
-
s
m
[LING]
Lingua independente que falan os kiowas.
-
s
f
mocasín.