kipchak
kipchak
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Confederación de tribos nómades turcófonas, orixinarias probablemente de Siberia occidental, que ocuparon a estepa ao N do Mar Negro durante o s XI. Experimentaron unha certa cristianización no s XII, pero, presionados polas invasións dos mongois (1221-1223, 1241-1242), parte das tribos fuxiron cara a Europa e establecéronse en Hungría; mentres, a maior parte someteuse aos mongois e constituíu a base poboacional do khanato da Horda de Ouro.
-
adx
Relativo ou pertencente aos kipchak.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo da confederación de tribos kipchak.