Kipphardt, Heinar

Kipphardt, Heinar

(Heidersdorf, Silesia 1922 - Angelsbruck, Baviera 1982) Escritor alemán. As súas obras teatrais máis destacadas tratan acontecementos da Segunda Guerra Mundial, como Der Hund des Generals (O can do xeneral, 1962), In der Sache J. Robert Oppenheimer (O caso Oppenheimer, 1964), a súa obra máis coñecida, e Die Geschichte vom Joel Brand (A historia de Joel Brand, 1965). Cómpre salientar tamén a súa novela März (Marzo, 1976).