Kirchner, Ernst Ludwig
Kirchner, Ernst Ludwig
(Aschaffenburgo, Baviera 6.5.1880 - Frauenkirch, Graubünden 15.6.1938) Pintor, escultor e gravador alemán. Como pintor cultivou a paisaxe e as figuras con cores vivas. Foi o principal promotor do grupo Die Brücke, ata 1913, e un dos primeiros pintores expresionistas. As súas obras máis relevantes son as series de escenas de rúas. Retirado en Suíza (1915), creou unha obra gráfica inspirada na natureza. A súa obra foi considerada dexenerada polos nazis (1933). Destacan Autorretrato co nmodelo (1910-1926) e Escena de rúa en Berlín (1913).