kirguizo -za
kirguizo -za
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo de raza turánida con mestizaxe mongola que habita en Kirguizistán e na rexión autónoma de Xinjiang, en China. Dedícanse á gandería nómade, aínda que durante o réxime comunista iniciaron un proceso de sedentarización e establecéronse nas granxas estatais.
-
s
m
[LING]
Lingua do phylum altaico da familia turca que se fala en Kirguizistán e nas Montañas Pamir, na fronteira entre Taxikistán, Afganistán e China.
-
adx
Relativo ou pertencente aos kirguizos ou á súa lingua.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo kirguizo.