Kitasato, Shibasaburo
Kitasato, Shibasaburo
(Oguni 1852 - Nakachono 1931) Médico xaponés. Formado na escola alemá de Koch e colaborador de Behring, interveu na obtención dos primeiros soros antitetánico e antidiftérico. Descubriu, ao mesmo tempo ca Yersin, o bacilo da peste bubónica. En Xapón foi creado, no seu honor, o Instituto Kitasato, dedicado ao estudo das enfermidades infecciosas.