kitsch*

kitsch*
s m [ARTE]

Concepto artístico que se define, xeralmente, aínda que non exactamente, como un mal gusto. Creado por H. Broch na década de 1930 representa a carencia de opinión que leva a imitar en arte aquilo que se cre modélico e que, case sempre, pertence a un pasado que se bota de menos, en xeral a arte burguesa de finais do s XIX.