Klein, Yves
Klein, Yves
(Niza 1928 - París 1962) Pintor e escultor francés. Non recibiu unha formación convencional, xa que se dedicaba ao jazz e á práctica do judo. As súas primeiras producións foron series monócromas (laranxas, amarelos, verdes), pero posteriormente centrouse no rosa, o ouro e sobretodo nun azul extremadamente intenso, coñecido como International Klein Blue (IKB). Desde 1960 formou parte do grupo francés nouveaux réalistes e realizou as primeiras anthropométries. Creou o que denominou peinture feu, onde aplicaba unha potente chama sobre a tea. En 1959 decorou o edificio da ópera de Gelsenkirchen (Alemaña). Da súa obra destaca French (1928-1962).