Klein, Melanie
Klein, Melanie
(Viena 30.3.1882 - Londres 22.9.1960) Psicanalista. Estudiou psicanálise en Budapest e Berlín e despois trasladouse a Londres. Aplicou, por primeira vez, a técnica psicanalítica nos nenos e interpretou os xogos infantís como o lugar de expresión das fantasías insconscientes. Estableceu unha época moi primeiriza (o primeiro ano de vida) para o complexo de Edipo e para a estruturación da personalidade. As súas obras máis importantes son The Psychoanalysis of Children (1932) e Envy and Gratitude (1957).