Knidos, escola de

Knidos, escola de

Escola de medicina que, xunto coa de Cos, dominou o panorama da medicina grega antiga. Nela predominaron as teorías numéricas, pegada da escola pitagórica na concepción das enfermidades, que se consideraban desde o punto de vista da patoloxía local de cada órgano. A súa época de máis actividade corresponde aos ss VI e V a C. Os médicos máis destacados foron Ctesias, coetáneo de Hipócrates, Eurión, Eudox e Crisipo.