Knowles, William
Knowles, William
(Taunton, Massachusetts 1917) Químico estadounidense. Estudiou nas universidades de Harvard e Columbia, onde se doutorou (1942). Descubriu o uso de metais de transición como catalizadores en reaccións de hidroxenación e obtivo logo unha forma especular como produto final. Isto ten gran aplicación na industria farmacéutica, como pode ser para a creación do L-DOPA, usado para tratar a enfermidade de Parkinson. En 2001 recibiu o Premio Nobel de Química, xunto con K.B Sharpless e R. Noyori.