Kodály, Zoltán
Kodály, Zoltán
(Kecskemét 1882 - Budapest 1967) Compositor, musicólogo e pensador húngaro. Creou un estilo propio inspirado pola auténtica música folclórica húngara. A popularidade das súas obras, que unen o carácter nacional coa tradición universal, posúe unha instrumentación eficaz e unha liña melódica facilmente identificable. Creou un método pedagóxico universal.