Kodolányi, János

Kodolányi, János

(Telki, Pest 1899 - Budapest 1969) Escritor e publicista húngaro. As experiencias da infancia, os campesiños e o campo predominan na súa obra. Destacan o conto Sötétségr (Escuridade, 1922), a novela Atyai hajlék (Casa paterna, 1927) e o drama Földindulás (Terremoto, 1939). O avance do fascismo e o perigo de debilitamento da conciencia nacional movérono a escribir novelas históricas, como A vas fiai (Os fillos do ferro, 1936) e de temática bíblica como Az égo csipkebokor (A silva ardente, 1957).

Palabras veciñas

Kodály, Zoltán | Kodiak | Kodinos, Georgios | Kodolányi, János | Koééatąj, Hugo | Koeleria | Koelreuteria