kolkhoz

kolkhoz

(

s m [HIST]

Cooperativas agrícolas organizadas na Unión Soviética a partir de 1932 para a colectivización da produción agrícola. O estado cedía as terras para a súa explotación, e o kolkhoz posuía colectivamente todos os medios de produción; o traballador tiña casa e unha pequena cabana de animais para a manutención familiar, amais do goce de ata unha hectárea de terreo. Coa disolución da URSS (1991), reprivatizáronse as terras e os recursos que xestionaban.