Kölliker, Rudolf Albert von
Kölliker, Rudolf Albert von
(Zúric 1817 - Würzburg 1905) Fisiólogo anatomista suízo. Foi profesor en Würzburg, un gran coñecedor da estrutura microscópica dos seres vivos e fixo estudios sobre a fibra muscular lisa e as células sexuais. Ademais de histólogo, foi un dos iniciadores da embrioloxía comparada e un recoñecido zoólogo.