Komis, República dos
Komis, República dos
República da Federación Rusa (415.900 km2; 1.151.700 h [1997]). A capital é Syktyvkar. A principal actividade económica é a explotación de xacementos de carbón na conca do Pečora. As principais industrias son as derivadas da explotación forestal, do carbón e do petróleo. A finais do s XIV, os komis foron cristianizados por Stepan de Perm. En 1921 a área dos komis converteuse nunha oblast’ autónoma e posteriormente (1936) recibiu o estatuto de república autónoma. Trala disolución da URSS (1991) converteuse nunha república da Federación Rusa.