Komissarievskaia, Vera
Komissarievskaia, Vera
(Peterburgo 1864 - 1910) Actriz rusa. Iniciouse no teatro afeccionado, concretamente na Sociedade da Arte e da Literatura de Moscova, onde traballou con Stanislavskij e onde aprendeu os principios organizativos e estéticos do que logo sería o Teatro de Arte de Moscova. En 1896 entrou no Teatro Alexandriski de Peterburgo, onde protagonizou A Gaivota. En 1902 creou a súa propia compañía, coa que produciu obras dos autores máis importantes do momento, como Chekhov, Gorki, Ibsen ou Maeterlinck. Apostou decididamente pola renovación teatral e contratou para a súa compañía a directores como Vsevolod Meyerhold ou Nikolai Evreinov ou a escenógrafos como Serge Soudeikine.