Konya
Konya
Cidade de Anatolia Central, Turquía, capital do il de Konya (623.333 h [1997]). Está Situada no centro dunha rexión mineira, conta tamén con industria téxtil. Conquistada polos seleúcidas (1069), foi a capital do sultanato de Rum (1099). Federico I Barbarrubia posuíuna (1190) temporalmente e sufriu despois as devastacións mongolas. No s XIV incorporouse ao Imperio Otomano.