Kortrijk

Kortrijk

Cidade da provincia de Flandres Occcidental, Bélxica (74.543 h [2001]). Importante centro téxtil, xa era coñecida como tal na Idade Media. Nos ss XVII e XVIII pasou, alternativamente, ao poder das coroas hispánica e francesa. Cerca da cidade, tivo lugar en 1302 a Batalla de Kortrijk entre as forzas flamengas e o exército francés. Coa vitoria flamenga, o Condado de Flandres foi liberado da influencia francesa, iniciada despois da Batalla de Bouvines.