Krebs, Nikolaus
Filósofo alemán. Coñecido como Nicolao de Cusa, foi clérigo desde 1416. Estudiou gramática, filosofía, dereito canónico e matemáticas e doutorouse en Padua. En Colonia, estudiou teoloxía e coñeceu o cardeal Orsini, co que colaborou en diferentes bibliotecas; entrou tamén en relación cos humanistas italianos. No Concilio de Basilea (1431) propuxo a plena primacía pontificia. En De concordantia catholica (1432-1433) presentou unha concepción medieval dos poderes (imperio e papado), pero defendeu a súa mutua independencia. A súa obra capital é De docta ignorantia (1440). Nesta e noutras posteriores, como De coniecturis (1442) e Apologia doctae ignorantiae (1462-1463), sostivo que, máis ca a razón dedutiva é a intuición da intelixencia o que permite coñecer a Deus, o universo e o home. Nomeado cardeal en 1448 por Nicolao V, foi bispo de Bressanone e vicario do Papa Pío II en Roma, onde viviu pobremente e formulou unha reforma do clericato romano como a base da reforma da Igrexa universal. Expresou tamén o desexo da unidade dos príncipes cristiáns despois da toma de Constantinopla polos turcos, no diálogo De pace fidei (1453), e a esperanza dunha certa concordia co Islam, na Cribatio Alcorani (1461).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Kues, Tréveris -
Deceso
Lugar : Tödi, Umbria